Descripción o resumen: Diego Bernal é xa unha figura indiscutible do xornalismo galego da segunda metade do século XX. Un personaxe polifacético, testemuña do seu tempo e transmisor da realidade que lle tocou vivir. Un home permanentemente unido a súa cidade natal, Compostela, mestre e amigo de xornalistas, escritor incansable, conversador... Neste libro, unha trintena de profesionais da comunicación réndenlle homenaxe a un xornalista que perdurará na historia da cultura en Galicia.