Descripción o resumen: Literatura e vida danse a man en Melodía de días usados, o novo libro de Anxos Sumai. A escritora narra as súas vivencias cotiás nunha Compostela inzada de personaxes que semellan saídos da realidade inmediata, personaxes que xorden das húmidas pedras da cidade, esas que pouco a pouco quecen coa raiola da frescura e da autenticiciade deste diario nado na internet e que agora Editorial Galaxia achega transformado, con roupa nova e música leda, ás lectoras e lectores galegos.